Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a experiencia de navegación das persoas usuarias. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Lonxa de Cabo de Cruz

Un mural e unha exposición de fotos antigas dan forma ao proxecto "A memoria do Cabo de Cruz"

 

Recuperar e divulgar o patrimonio inmaterial de Cabo de Cruz vinculado ao mar e os seus oficios é un dos principais obxectivos dun proxecto que acaba de iniciar a súa andaina da man da asociación A Gamela, que impulsa a iniciativa con financiamento do Galp Ría de Arousa. A primeira fase da proposta, denominada A memoria de Cabo de Cruz, xa está en marcha e inclúe un mural e unha exposición de fotografías antigas.

O proxecto, co que tamén se busca poñer en valor a importancia da muller na historia da localidade, reivindicando o seu papel a pesar das dificultades e os avances logrados no desenvolvemento económico das zonas costeiras, consta de dúas fases. A primeira delas é a que xa está en marcha e consiste en dúas intervencións na rúa. Unha das accións enmarcadas na iniciativa xa pode verse na lonxa de Cabo de Cruz, en cuxa fachada se pintou un mural realizado por Xoana Almar e Miguel Peralta, de Cestola na Cachola.

A segunda intervención estará dispoñible a finais do mes de setembro e consistirá na colocación en distintos puntos da localidade de 20 fotografías históricas impresas en aluminio, dando forma a unha exposición permanente.

O proxecto A memoria de Cabo de Cabo de Cruz completarase cunha segunda fase que consiste na creación dunha páxina web (gamela.org) que servirá de soporte dixital para o material fotográfico e documental cedido polos veciños para preservar a historia crucense, así como vídeos realizados co testemuño de mulleres que viviron outros tempos e outra forma de vida.

Para levar a cabo todas estas accións, a asociación A Gamela conta co apoio do Galp Ría de Arousa, que achega fondos para financiar as diferentes intervencións.

 *Fonte: La Voz De Galicia

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar